dekko·

Recepcionista 24 h

Alguén que contesta ás once da noite.

A túa recepcionista contesta o WhatsApp do teu centro a calquera hora, cos teus prezos, horarios e prazas, reserva e cobra. Ti ves cada conversa e entras cando queiras.

Para os teus mergulladores

  • Resposta ao momento, a calquera hora e no seu idioma
  • Reserva no mesmo chat, para el e para o seu grupo
  • Paga o sinal cunha ligazón e a praza queda gardada

Para o teu centro

  • Cada conversa, enteira, no teu panel
  • Cada reserva entra coa ficha do mergullador
  • O cobro vai directo á túa conta

Preséntase como o asistente automático do teu centro, nunca como unha persoa.

Panel de control

Cada mergullador, coa súa ficha e a súa documentación.

Deixas de pedir papeis por WhatsApp e de buscalos o día da saída.

  • Verde, ámbar ou vermello
  • Avisos de caducidade
  • O expediente da saída

App coa túa marca

A túa app, co teu logo, no móbil de cada mergullador.

E a túa web, con reservas e cobro a calquera hora. Sen App Store e sen comisión de DEKKO por reserva.

A web e a app de Mar de Hielo, en Tarragona: levan a súa marca, non a nosa.

Abrir a web de Mar de Hielo Abrir a súa app

Como comezas

Da videochamada ás túas primeiras reservas, sen risco.

Sen permanencia. Non se cobra nada ata que remata o teu mes gratis.

  1. 30 min

    Ensinámoscho

    Ensinámosche DEKKO cun centro real e vemos como traballas hoxe. Sen compromiso.

  2. 48 h

    Deixámoscho montado

    Dáste de alta en 15 minutos. Web, app e reservas coa túa marca, nun enderezo de proba. Se vés doutro sistema, traémosche os teus mergulladores e o teu histórico.

  3. 1 mes gratis

    Probas con reservas reais

    Cobras na túa conta desde o primeiro día. Se segues, pasamos todo ao teu dominio; se non, non pagas nada.

Prezo

Un só plan. Todo incluído.

1.º mes gratis, despois

299 €/mes

+ IVE. Sen implantación. Revisión da cota como máximo unha vez ao ano, con 60 días de preaviso.

  • Web nova no teu dominio, coa túa marca
  • App co teu nome e o teu logo, sen App Store
  • Reservas 24 h con cobro directo á túa conta
  • Recepcionista 24 h
  • Fichas de mergullador con documentación e avisos de caducidade
  • Vendas IA para encher prazas baleiras
  • Panel de control e informe mensual
  • Migración dos teus datos, implantación e formación
Ensinámoscho en 30 minutos

Sen permanencia · Sen cargos por usuario nin por reserva · Se marchas, levas a túa web, o teu dominio e os teus datos.

Preguntas

Preguntas frecuentes

E o meu WhatsApp de sempre?

Segue no móbil do teu equipo, coma hoxe. A recepcionista vai noutro número do centro, o que pos na túa web, en Google e nas túas redes.

Nótase que é automático?

Preséntase como o asistente automático do teu centro e dio se llo preguntan. Contesta cos teus datos e no idioma de cada cliente.

Que pasa coa miña web actual?

Segue como está. Engadímoslle un botón «Reservar» que leva á túa nova web. Non tocamos o teu hosting nin o teu correo ata que confirmes.

Cobrades comisión por reserva?

Non. 0 % de comisión de DEKKO. Os pagamentos con tarxeta levan só a comisión de Stripe.

Que pasa cando remata o mes gratis?

Se segues, pasamos a web ao teu dominio e comeza a cota coa domiciliación da alta. Se non segues, saída limpa: a túa web actual segue intacta, exportámosche os teus datos e non se cobra nada.

E se pecho no inverno?

De novembro a marzo, os meses que o teu centro pecha pagas 99 € + IVE en lugar de 299 €. A túa web, a túa app e a túa recepcionista seguen collendo reservas para a tempada. Se un mes fas máis de catro saídas, ese mes pagas a cota normal.

Os meus datos, o meu dominio e o meu correo son meus?

Si. Os teus mergulladores, as súas fichas e a súa documentación son teus. O teu dominio é sempre teu e o teu correo non se toca. Se non tes dominio, rexistrámolo a nome do teu centro.

E se xa uso outro sistema ou plataformas?

Traémosche os teus mergulladores, as súas fichas e o teu histórico de reservas, sen custo. Durante a proba non apagamos nada: todo convive. E se un día marchas, lévalo todo.

E se o meu centro ten varias bases?

Van todas na mesma conta e cunha soa cota: un calendario, unha app e un panel para todo o teu centro.